Familias!
Xa estamos de volta!✌
E ante a incertidume que estamos a vivir, eu, dende a distancia, intentarei seguir propoñendo actividades sinxelas e divertidas para que xuntos e xuntas fagamos máis levadeira esta situación.
Actividades e xogos que con cousiñas que teñamos na casa, todos e todas podemos levar a cabo.
Asi que, despois deste pequeno respiro, seguimos traballando 👍
Imos a xogar con números, e de seguro que na casa tedes os materiais para facer estes xogos.
Imos a xogar con números, e de seguro que na casa tedes os materiais para facer estes xogos.
MATERIAIS:
- Cartón (eu reutilizo caixa de galletas, cereais...)
- Rotuladores
- Pinzas
E agora, facemos uns círculos ou cuadrados, (ou calquera figura xeométrica), e escribimos números. os nenos deberán poñer tantas pinzas como o número indica.
Pero non so vamos a escribir o número, senón que tamén poremos en outros círculos puntos, para que os cativ@s conten e poñan as pinzas.
Cos mesmos círculos, poden xogar a emparellalos, e incluso podemos facer un memory cos puntos e os números, traballando así a atención, agudeza visual e tamén a loxicamatemática.
Tamén podemos poñelos por orde, e colocar obxectos (macarróns, botóns, bolas de plasti...) atendendo á cantidade:
Recordade que todo o que temos na casa, sirve para aprender, para contar, para clasificar...
Ánimo, a seguir así CATIV@S!!!
ORGULLOSA DE VÓS
#EUQUEDONACASA
Ningún comentario:
Publicar un comentario