Aínda que esteamos na casa, podemos xogar nun campo de fútbol.
Preparade material reciclado, que comezamos!
MATERIAIS:
- Caixa cartón
- Cúter e tesoira (uso para os maiores)
- Folio de cor (ou blanco)
- Rotulador ou lápis
- Palliña ou pincho moruno
- Rolo de papel hixiénico
- Celo
- Pelotas pequenas (plasti, papel alumnino, pompóns...)
O primeiro que temos que facer é medir o lateral da caixa, e no centro, cortar dous rectángulos que serán as porterías.
Posteriormente, meter dentro da caixa un folio de cor, e pintar as líneas de un campo de fútbol.
Agora cortamos do rolo de papel hixiénico 2 anacos da seguinte maneira.
E posteriormente, facemos un pequeno burato no que insertaremos a palliña ou o pincho moruno que fixaremos ben con celo ou con silicona quente.
Xa temos case todo listo, faltan as pelotas. Para iso, colle plastilina, e fai pequenas pelotiñas, ou senón con papel de alumnino, garabanzos...
E agora a XOGAR.
Podedes empregar diversas regras: gaña quen colla máis, gaña quen meta máis na portería do contrincante, quen colla so as dunha cor...
Recordade que o podedes facer como un simple xogo para entreternos, ou tamén valorar as posibilidades de aprendizaxe que ten:
- Dar unha puntuación a cada cor, (por exemplo rojo=2, blanco=1, malva=3) e sumar para obter puntuación total.
- Ter 2 pelotas de cor diferentes que resten 5 puntos.
Podedes facer as variacións que vexades oportunas, tendo en conta as posibilidades dos vosos cativ@s.
E sobre todo D-E-S-F-R-U-T-A-D-E
Xa me contaredes que tal se vos da recoller pelotas 😉⚽⚾🏀
#euquedonacasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario