Parece imposible que os cativ@s consigan estar calados, sentados e concentrados?
Pois pode que a través do ioga, pouco a pouco eso o vaiamos conseguindo.
O ioga é unha actividade na que se precisa silencio e concentración, polo que o principio os nenos e nenas precisan motivarse, para o que podemos empregar os contos
e cancións que vos amoso nesta entrada do blogue. De ese modo, a través do xogo, ensínaselles a respirar e relaxarse.
E como non, a vosa participación e guía os primeiros días será fundamental, ata que vaian adquirindo un hábito.
O ioga vainos ofrecer múltiples beneficios, destacando para estas idades:
- Coñecemento e autocontrol do corpo.
- Flexibilidade nas articulacións.
- Mellora hábitos posturais.
- Mellora hábitos de respiración.
- Calma e relaxación
- Desenvolvemento da atención, concentración e imaxinación.
Sen máis, espero que desfrutedes en familia dos contos e cancións para iniciar aos nenos no ioga e para que vos relaxedes.
Podédelas incluir nas vosas rutinas diarias, para que todos os días teñamos un momento de relaxación.
Namasté
Pincha na imaxe |
"EL viaje de las mariposas"
"Viaje al bosque encantado"
"Gana el que más se divierte"
"La locomotora valiente"
"Los astronautas del espacio interior"
"¿Qué dice tu intuición?"
"Saludo al sol y yoga con animales"
#euquedonacasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario