xoves, 23 de abril de 2020

Seguimos CONTando!

Seguimos celebrando a Semana do Libro, con máis propostas que nos van chegando.

Hoxe comezamos con ZAIRA, que nos vai a contar unha das aventuras que aparecen no seu conto favorito "Las divertidas aventuras de las letras". 
 E gústalle moito a historia "Los quesos de la Q"🐞



 Aquí temos o conto contado por ZAIRA:



Seguimos con outro conto moi colorido, que lle gusta moito a ANTÍA: 
🎨"COLORES"





Este conto non nos conta ningunha historia, pero fainos coñecer moitos colores e mezclar para ver que novos colores aparecen. Así que se queredes invertigar mezcla de colores, só tedes que coller, papel e colores, ou se tedes témperas mellor! E a disfrutrar. 








E hoxe, imos a finalizar os nosos contacontos con MATÍAS, que nos vai a contar
  "A  VACA QUE PUXO UN OVO"🐄, un conto mooooi divertido. 



A VACA MARJORIE ESTABA MOI TRISTE PORQUE NON SE SENTÍA ESPECIAL COMO AS OUTRAS VACAS. NON ANDABA EN BICI, NON FACÍA PINCHACARNEIROS…
ESA NOITE AS PITAS BUSCARON UNHA SOLUCIÓN. “COOOO, COOOO, COOOO, COOOOO”, MATINABAN AS PITAS.
Á MAÑÁ SEGUINTE MARJORIE BERROU: “PUXEN UN OVO!!!!”
TODAS AS VACAS CORRERON A VELO E O GRANXEIRO TAMÉN.
A MULLER DO GRANXEIRO CHAMOU Á PRENSA.
MARJORIE FÍXOSE FAMOSA, ERA A PRIMEIRA VACA EN POÑER UN OVO!
PERO AS OUTRAS VACAS ESTABAN CELOSAS E NON CRÍAN QUE MARJOORIE PUXESE UN OVO, ERAN AS PITAS AS QUE POÑÍAN OVOS E FORON ONDE MARJORIE PARA DICIRLLO.
AS PITAS DIXÉRONLLE: “PROBÁDEO”.
ALÍ ESTIVERON TODA A NOITE A VIXIAR O OVO…
DE REPENTE ESCOITOUSE: TAP, TAP, TAP. “AQUÍ ESTÁ!”
O OVO ENTÓN ESCACHOU, ROMPEU E SAÍU DANDO UN CHIMPO UN ENVURULLO DE PLUMAS PEQUENO E MARRÓN.
“AÍ O VEDES”, DIXO UNHA DAS VACAS. “UN PITO”.
MARJORIE PÚXOSE OUTRA VEZ TRISTE.
DE SÚPETO A MINÚSCULA CRIATURA MIROU CARA MARJORIE E BERROU:
“MUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUU”
MARJORIE SORRIU E APERTOU BEN FORTE O SEU PEQUENO. “É UNHA VAQUIÑA”, DIXO.
E DESEGUIDO CHAMOULLE DAISY.
E, COLORÍN COLORADO, ESTE CONTO XA ESTÁ REMATADO.
FIN

A VACA QUE PUXO UN OVO de ANDY CUTBILL, ilustrado por RUSSELL AYTO.



Polo que estou a comprobar, nas vosas casas tedes contos, moi pero que moi chulos eh! Espero que esteades a ler e a disfrutar deles. 
Sigo esperando máis contos, así que ANIMÁDEVOS familias! 😉



Saúdos!👋

 📚#euquedonacasa 🏡

Ningún comentario:

Publicar un comentario