xoves, 2 de abril de 2020

Preparémonos coidando a nosa SAÚDE


Gustaríame recordarvos, que dentro dunha semana, concretamente o día 7 de abril, celébrase o día Mundial da saúde.


Para a súa celebración, e tendo en conta a situación que estamos a vivir, que vos parece, se entre todos facemos carteis con mensaxes que nos axuden a coidar a nosa saúde?

Propoño o seguinte:

  • Eleximos un tema sobre o como coidar a nosa saúde.
  • Pensamos cal será a frase e os debuxos que poremos no noso cartel.
  • Elaboramos os carteis (nun folio, cartulina, cartón de cereais...) con materiais escolares (lápiz, tizas, plastilina, cores, rotuladores, purpurina...) e tamén de refugallo (cartóns, periódicos, tapóns...). Traballamos así, a lectoescritura, comprensión, plástica, atención, creatividade...
  • O cartel, podémolo facer sós, ou coa axuda da nosa familia: irmáns, curmáns, nai, pai, avos...
  • Cando o cartel estea listo, mandades unha foto: na que se vexa o cartel e a vos mesmos/as facendo a recomendación de dito cartel. (Por exemplo: «se os teus dentes queres coidar, 3 veces ó día teralos que cepillar», cunha  foto vosa lavando os dentes)📷.
  •  
     Deste xeito, o día 7 de abril, subiranse ao blogue todas esas recomendacións para o coidado da saúde que nos vaiades achegando.  
*  Posibles temas para os carteis: lavado de mans, alimentación variada e saudable, lavado de dentes, aseo diario, exercicio e movemento no día a día, horas de descanso..., e todo aquilo que consideredes necesario.

Poñemos en marcha as nosas 💆mentes pensantes💬..., e ata o día 6 podedes enviar as fotos dos vosos carteis ao correo que vos facilitei.
Así, celebraremos xuntos na distancia o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE.


😉Ánimo cativ@s!😀



#euquedonacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario