luns, 27 de abril de 2020

-__Ollos ben abertos__-

Despois do fin de semana de descanso, tedes que ter os ollos ben abertos e poñer atención, solo así podemos levar a cabo esta actividade.

Só precisamos papel e cores. 

Nun folio,(podedes reutilizar meténdoo dentro dunha funda de plástico) escribiremos na parte superior frechas, 
unha mirando cara un lado, e outra cara outro lado
ou, mirando cara arriba, ou cara abaixo.

Rodeamos cada unha dunha cor, e escribimos máis frechas por todo o folio,
e agora xa lle toca ós cativ@s, 
que terán que estar atentos e rodear as frechas dos cores correspondentes.

E como unha imaxe vale máis que mil palabras.....




Tede en conta a idade dos vosos cativ@s, e as súas posibilidades, xa que o podemos facer sinxelo, para os de 3 anos, (só 2 frechas), ou podémolo complicar máis, para os de 4 anos, con máis frechas, e para 5 anos, incluíndo  que se leve a cabo o conteo final, para saber que tipo de frechas hai máis, ou menos..., eso ídelo comprobando cos vosos peques. 
Incluso podedes empezar a facelo sinxelo, e pouco a pouco ilo complicando, e así ver a súa evolución. 
Traballamos así, a atención, percepción, lateralidade, orientación espacial, asociación...

Non só o fagades con frechas, botádelle imaxinación, e facédeo tamén con números, letras, figuras xeométricas... 
Saúdos😉



#euquedonacasa


Ningún comentario:

Publicar un comentario