mércores, 29 de abril de 2020

Destreza manual

Tendo en conta que nesta etapa o máis importante é que os cativ@s manipulen e experimenten, gustaríame recalcar a importancia de que dende a casa axudemos a que consigan pouco a pouco unha mellor habilidade e destreza manual. 
Polo que vos amoso actividades que podedes levar a cabo na casa, para que ademáis de axudar, estarán favorecer o desenvolvemento da motricidade fina.


Xogos con PLASTILINA


- Pellizcando pequenos cachos.
- Facendo bolitas, churros.
- Amasando e modelando.

Xogamos a PESCAR 


Nun recipiente con agua, metemos tapóns ou pezas que floten, e pescamos con 2 paus para pasalos a outro recipiente. Podemos pescar solo dunha cor, ou tamaño, trasportar un número determinado...





PINZAS

Como xa sinalei en anteriores publicacións, as pinzas van a ser un recurso moi útil en estas idades. Polo que ademáis das actividades recomendadas, poden axudar a tender a roupa, a colocalas nunha corda ou nunha caixa facendo agrupacións de cores, grupos atendendo a un número concreto, facendo seriacións...


CLASIFICAMOS

Neste caso, empregaremos garabanzos, lentellas, fabas..., xuntaremos todo nun recipiente, e terán que ilos separando de un en un para levar a cabo unha clasificación. 
Tamén poderan encher botellas, cada botella con un tipo de legume, ou por niveles 
(1º garabanzos, 2º lentellas, 3º fabas...)

Actividades para Educación Infantil: 12 actividades de motricidad ...Ou colacalas en trazos ou debuxos seguindo un orde (lentella, garabanzo, faba, lentella garabanzo, faba...)


Enchemos RECIPIENTES
Ideas de motricidad fina con un bote – PoetisaInsomneMoitos de vós, teredes nas vosas casa un peto no que gardades os cartos. Pois ben, que vos parece se contades as moedas, se quitades (si ten burato por onde sacar os cartos) e volvedes a meter. 
Senón, podedes facer un pequeno peto a partir dunha botella ou un bote, facendo unha ranura na parte superior, non fai falta que usemos moedas, senón que servirán botóns, ou mesmo círculos que fagamos en cartón.  





Usamos TESOIRAS

Tendo en conta que cando usen as tesoiras deben estar vixiados, fomentade o uso das mismas.
Recortando letras de periódicos, debuxos ou fotografías que lle gusten  para logo pegar nun folio e decorar ou escribir o nome. 
E algo que tamén os vai a ir axudando no dominio da tesoira é prepararlles diversos patróns de recorte en folios ou cartulinas. (Recordade o reciclase, serve perfectamente papel que xa está utilizado polo outro lado, como poden ser facturas vellas, folios sucios...)  Podemos engadirlle un número a cada patrón, para que ordenen e posteriormente recorten seguindo dito orden. 















Facemos COLARES


Todos e todas temos na casa macarróns, e quen non fixo algunha vez un colar ou unha pulsera con eles?  Pois nesta cuarentena podémolo levar a cabo, facendo seriacións ou simplemente insertando os macarróns polo lazo, lá, ou senón temos, podemos pinchar un espaguete nuha esponxa ou plastilina e ir introducindo no mesmo. 




ABOTOAR E DESABOTOAR

Unha rutina que temos que levar a cabo, e que os axudará cada vez a ser máis autonomos. Deixamos que os cativ@s abrochen, cremalleiras, botóns,botellas, velcro.... unha e mil veces, de diferentes tamaños, cores... Incluso, podedes facer un tableiro con diferentes elementos de cierre e apertura. 



Lembrade fomentar en todo momento a autonomía dos cativ@s, que pouco a pouco van sendo máis capaces. ✋✊👐


Un saúdo familias 😀


#euquedonacasa




Ningún comentario:

Publicar un comentario