martes, 7 de abril de 2020

Día Mundial da saúde

RECORDADE



Temos que coidar da nosa saúde e da dos demáis.

Non esquezades enviar ó longo do día de hoxe os vosos carteis con mensaxes para coidar a saúde.

As recomendacións eran as seguintes: 

  • Eleximos un tema sobre o como coidar a nosa saúde.
  • Pensamos cal será a frase e os debuxos que poremos no noso cartel.
  • Elaboramos os carteis (nun folio, cartulina, cartón de cereais...) con materiais escolares (lápiz, tizas, plastilina, cores, rotuladores, purpurina...) e tamén de refugallo (cartóns, periódicos, tapóns...). Traballamos así, a lectoescritura, comprensión, plástica, atención, creatividade...
  • O cartel, podémolo facer sós, ou coa axuda da nosa familia: irmáns, curmáns, nai, pai, avos...
  • Cando o cartel estea listo, mandades unha foto: na que se vexa o cartel e a vos mesmos/as facendo a recomendación de dito cartel. (Por exemplo: «se os teus dentes queres coidar, 3 veces ó día teralos que cepillar», cunha  foto vosa lavando os dentes)📷

- Posibles temas para os carteis: lavado de mans, alimentación variada e saudable, lavado de dentes, aseo diario, exercicio e movemento no día a día, horas de descanso..., e todo aquilo que consideredes necesario.


Un saúdo😉

#euquedonacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario