luns, 27 de abril de 2020

Cousas de CATIV@S!

Seguen a chegar mostras do ben que o estades a facer na casa, e das actividades que estades a realizar.









IAN, moi ben o pasa, fai manualidades, deporte, fichas, actividades de atención, conteo e ata toca instrumentos....

Poñendo en práctica actividades do
profe Juan. 



NOA, sigue tamén traballando moito, e dun xeito moi pero que moi dulce, está traballando os números..., por que a quen non lle gustan os lacasitos?, mirade o que podemos facer con eles, (ademáis de comelos claro😀)



E tamén actividades de atención: 


Ademáis, que sepades, que a súa idade..., xa se vai a independizar, sí, sí, o que estades a ler. 
Eso sí, leva a seu irmá Hugo con ela. jajaja. 

Casa con caixas de cartón.



Pero que está pasando? a cuarentena fai que todos se independicen🏠🏠!
Mirade a casiña de MATIAS
Reciclando caixas de cartón.

E sigue traballando moito, aquí conteo e asociación número-cantidade.

👏👏

Tamén vemos que LEIRE xa é toda unha experta en letas e xa compón moitas palabras, asocia maiúscula-minúscula...
E repasa os números cos imáns que ten na nevera. 



Encántame ver que seguides aprendendo e desfrutando a través de actividades divertidas. 

Seguide así CATIV@S, estádelo a facer xenial  👏😉

#euquedonacasa




Ningún comentario:

Publicar un comentario