Moitísimas gracias a todas as familias que seguides achegando fotos das vosas rutinas e traballos na casa.
Hoxe vouvos a amosar, cousiñas que nos mandan ENZO, ZAIRA, VERA e MATÍAS.
Enzo traballando as letras, o seu calendario e fixo un GRAN ARCOÍRIS, xa que... EL QUEDA NA CASA |
Enzo tamén nos manda fotos de cousiñas coas que está a pasar estos días na casa, e como podedes ver na primeira foto, xunto co seu papi, fixeron un Parking con caixas de cartón, verdade que quedou moi chulo?
E vemos tamén a súa irmá Lorea argallando coas cores, quen sabe... o mellor o día de mañá un cadro seu adornará o noso salón 😀🎨.
Tamén traballa cores e figuras xeométricas con caras graciosas 👀👅
Unha compi de Enzo, de 3 anos, tamén está a traballar e a xogar moito na súa casa, e envíanos as seguintes fotos para compartir con todos vós.
Zaira leva a cabo a asamblea seguindo este panel que fixo a súa familia.
Se vos fixades ben, está en galego pero tamén in ENGLISH! Amazing!😲
Zaira segue traballando a lectoescritura copiando o seu nome e tamén o de compis do cole.
Por certo, estade atentos, porque Zaira ten un VIRUS na súa casa😷, chámase LENAvirus, e come LEtras e NÚmeros, así que cada vez que os papis de Zaira din unha letra ou un número, ela encárgase de meterllo na boca a ese simpático virus.
Xa sabedes, unha gran idea para que os máis peques asocien nome e grafía de letras e números.
Por outra banda, do grupo de 5 anos, vemos como VERA está a disfrutar na casa, e leva a cabo a actividade de punteo sobre o papel de cociña, e xa empeza a traballar as minúsculas cos tapóns de botellas. MOI BEN!
E MATÍAS segue moi traballador, neste caso traballando a lóxica matemática, empregando tamén tapóns, primeiro poñendo tantos tapóns como indica o número, e posteriormente busca o número atendendo a cantidade de tapóns. Xenial!
GRAZAS familias por compartir as vosas experiencias, e por encher de maxia o día a día dos vosos cativ@s. 🌟
#EUQUEDONACASA
Ningún comentario:
Publicar un comentario