mércores, 1 de abril de 2020

- ARTISTADA-

Como somos grandes artistas que vos parece se facemos unha artistada?


Materiais que precisamos: 

- Un anaco de papel de cociña
- Rotuladores.
- Periódico para poñer por debaixo (e non manchar a mesa).


 Agora solo tedes que puntear o relieve do papel, con coidado de non ter moito tempo o rotulador enriba xa que pode romper o papel. 
 - 3 anos: simplemente puntear libremente con cores, seguindo as siluetas do papel. 
-  4-5 anos: escollede 2 ou 3 rotuladores, e facede unha secuencia/serie para que vaian punteando seguindo un orde: verde-malva-azul, verde-malva-azul, verde-malva-azul... e canto máis teñan controlada a técnica podedes poñelo máis difícil. 😉



Non gardedes o papel de cociña nin os rotuladores, que agora imos a facer un pouco de maxia!🌟




Collede un anaco e dobladeo pola metade, facede un debuxo na parte superior, abride o papel, e coloreade o interior da silueta.   

Pintamos nun dos lados.

Abrimos,e tendo en conta a silueta
coloreamos.









 Aquí tedes o resultado!




Podedes argallar e debuxar todo o que queirades aproveitando ben o papel, e xa sabedes, se queredes mandarme algunha foto ou vídeo, será moi ben recibido. 

Un saúdo cativ@s✋


#euquedonacasa




5 comentarios:

  1. Moitas gracias profe por todas estas actividades tan divertidas como educativas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a vós por levalas a cabo.
      Aprender é DIVERTIDO :-)

      Eliminar
  2. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  3. Gracias...ideas super entretenidas.

    ResponderEliminar