martes, 31 de marzo de 2020

Contos contados


Cativ@s, como imos con esos contos que temos na casa? 


Xa os tedes todos máis que lidos e relidos?


Aquí vos deixo un enlace da Editorial Kalandraka de Contos contados, nos que podedes recordar algúns contos que xa vimos no cole, e coñecer novos contos. 





😉DESFRUTADE📚


#EUQUEDONACASA

LETRAS LETRAS LETRAS...





Como temos moito tempo libre, vouvos a amosar cómo podemos crear o noso propio abecedario empregando elementos de refugallo.
 
PRIMER MATERIAL

* tapóns de leite (ou de outro envase) (empezade a gardalos, que van facer falta moitos)
* rotulador permanente
* gomets (podemos omitilos)






Agora xa nos poñemos mans a obra, e en cada tapón, pegamos un gomet (se non temos, escribimos directamente no tapón, os gomets, solo van a dar cor), e imos escribindo as 
letras do abecedario

(repetide varias veces as vogais, e as consoantes máis empregadas para poder formas palabras). E mans á obra, a formar palabras!













Isto podemos facelo os maiores para os cativ@s de 3 anos, ou os de 4-5 anos, con axuda.
Poden tamén seguir un patrón feito por nos.

Para traballar tamén cos tapóns, podemos escribir o abecedario en maiúsculas e minúsculas nun folio.





3 e 4 anos asocian letras, e poñen enriba.

- 5 anos, poden poñer no folio as minúsculas e terán que asociar á maiúscula
correspondente.






Agora xa temos letras móviles para compoñer palabras: nomes, xoguetes, e incluso podemos completar frases, ou copiar títulos dos nosos contos, titulares de periódicos...



Imaxinación ao poder!💁






SEGUNDO MATERIAL:

* pinzas da roupa
* rotulador ou boli


Moi similar á actividade anterior, pero esta ademáis de permitirnos traballar a lectoescritura, asociación de letras..., vainos axudar a traballar a presión, pinza motriz, a forza e precisión dos cativ@s.




Escribimos letras na parte de arriba ou de abaixo das pinzas, para posteriormente, ordealas e  formar palabras ao poñelas nunha caixa de zapatos, nunha corda...






Incluso con cartón que teñades na casa, podedes facer tarxetas con palabras significativas e interesantes para os nenos e nenas.







Por exemplo, estábamos traballando a AUGA, pois podemos botarlle imaxinación e debuxar e escribir palabras relativas a ese tema (dito sea de paso, que podemos amosar primeiro as imaxes no ordenador ou móvil e logo debuxalas, xa que neste caso cos meus debuxos, pode que non teñan unha idea clara )😅.








Ánimo cativ@s, animádevos a xogar coas letras, xa veredes que
divertido. 


Por certo!, se queredes, podedes enviarme fotos 📷por Abalar cos materias e as rutinas que estades a levar a cabo, e así podemos compartir cos compis do cole a través deste blog, o ben que o estades a pasar, así como compartir ideas para que esta cuarentena sexa máis amena.  

😊Saúdos😉





#euquedonacasa




luns, 30 de marzo de 2020

Xa somos maiores


Recordade

Pouco a pouco imos medrando, e vamos a ir mellorando e aprendendo, seremos capaces de facer máis cousas de xeito autónomo. 

Por ese motivo, e tendo en conta que vivimos nunha sociedade con présa, esta cuarentena estanos dando a oportunidade de pensar, de relaxarnos e facer as cousas con máis calma.
 Isto é o que lle temos que transmitir aos nosos cativ@s, e aproveitar a situación para motivalos a ser cada vez máis independentes.

A continuación  deixo unha táboa que recolle moi ben aquelas actividades que os nenos e nenas son capaces de facer por sí sós, e si non é así, primeiro prestámoslle un pouco de axuda que iremos retirando de forma progresiva. 






Si queremos, podemos!

#euquedonacasa 

Coñecendo letras




Despois da fin de semana, que vos parece si traballamos un pouco?


Amósovos a continuación unha actividade que podedes facer na casa de xeito sinxelo para traballar cos cativ@s a lectoescritura, neste caso en concreto coas letras do seu nome

Fainos falta: rotuladores, folio e unha funda plastica (é prescindible).


Escribimos de xeito salteado as letras do nome do neno/a.


 2º Despois, escribimos máis letras do abecedario ata que a páxina esté chea.


 3º Metemos o folio na funda, de xeito que podamos borrar (con pano húmedo), e poder facer a mesma actividade noutro momento sen estragar papel.
 


  •  3 anos: rodeamos as letras do noso nome.                       




  •   4-5 anos: rodeamos as letras do noso nome, e contamos cantas hai de cada letra.






E non só o empreguedes para o nome dos cativ@s, podedes traballar o nome dos membros da familia, das mascotas, dos seus debuxos favoritos..., é dicir todo aquelo que lle interese e motive aos vosos cativ@s. 
De xeito lúdico, estamos favorecendo a asociación fonética, a atención, concentración...



Seguimos coa semana!

Á  N  M  O


#EUQUEDONACASA




domingo, 29 de marzo de 2020


Que vos parece si xogamos

 un pouco na bañeira?


Imos a facer pintura para o baño, estades preparad@s?


Materiais que imos a precisar:

- Colorantes alimenticios.
- Espuma de afeitar.
- Recipientes (moldes de magdalenas de silicona, frascos...)
- Pinceis, se non tedes, podemos pintar coas mans.

Pasos que temos que seguir:

  1. Poñer un pouco de espuma nun recipiente.
  2. Engadimos unha gota de colorante (non en exceso que senón será dificil de quitar das mans dos nen@s)
  3. Removemos cun palillo ou bastoncillo.
  4. E a pintar...

Poderás facer mestura de cores, e se queres borrar, só terás que apuntar co chorro de auga, e a seguir pintando.

E tede coidado de que non vos colla o frío de non estragar moita auga.🌊😉


Saúdos cativ@s!


#euquedonacasa


venres, 27 de marzo de 2020

Blogues dos especialistas


NON ESQUEZADES TODO O QUE TRABALLAMOS NO COLE


Dende aquí, déixovos enlace directo dos blogues dos profesores especialistas.
Así poderedes seguir

- falando en inglés💭
- disfrutando da música 🎹🎸🎶
- exercitando os músculos do corpo🏀🏃
- e tamén contidos da profe de relixión💒


                                          https://englishteacherincerdeirinhas.blogspot.com/












Un saúdo e a disfrutar da fin de semana.
😊



#euquedonacasa


RUTINAS



Durante a cuarentena, vai ser de vital importancia para as familias establecer unha serie de rutinas, de xeito que axuden a levar da mellor maneira posible esta situación temporal.



Amoso a continuación, un modelo de rutinas, que podedes adaptar tendo en conta as vivencias de cada familia, oon intervalos de horas orientativos:🕐

  • 9h-10h: Almorzo, aseo, vestimenta (non temos présa, e xa somos maiores, sol@s podemos facelo).
  • 10h- 12h: Actividades varias (podemos comezar pola asamblea).
  • 12h- 14h: Descanso, axuda na cociña, poñemos a mesa.
  • 14h- 17h: Comemos sós, recollemos a mesa, e podemos axudar a fregar ou meter no lavalouzas os enseres, e descansamos.
  • 17h- 20h: Actividades: debuxo, recetas, relaxación...
  • 20h- 22h: Ducha, cena, conto e a durmir.


Este modelo de rutinas, que pode ser ampliamente modificable, axudará aos cativos e cativas a situarse temporalmente, e a ter unha imaxe mental do que se vai levar a cabo ó longo do día.


Fomentemos que os cativ@s, sexan cada vez máis independentes, e tendo en conta que o que nos sobra agora mesmo é tempo....😞 deixemos que eles e elas, fagan e desfagan, practiquen e vaian collendo hábitos que os axuden a ser autónomos.

Imos a darlle tempo para:

- vestirse e desvertirse
- calzarse e descalzarse (poñer e quitar velcro, sacar e poñer calzado...)
- estirar a roupa da cama.
- axudar a poñer e a recoller a mesa (contando cubertos, vasos, se fan falta máis, se sobra algún...)
- axudar nas tarefas do fogar: limpar o polvo, secar cubiertos, meter e sacar roupa da lavadora

Unha das rutinas que gusta moito aos cativ@s, e que podemos facer despois de almorzar, asearnos e de vestirnos, é a asamblea, así que podemos levar a cabo unha pequena asamblea caseira: 

- Marcamos o día no que estamos nun calendario.
- Tachamos o día anterior.
- Dicimos verbalmente os días da semana.
- Os de 4 e 5 anos, poden escribir o día da semana no que nos encontramos.
- Mirar pola fiestra e comentar o tempo atmosférico.
- Facer un debuxo do seu corpo e do tempo atmosférico que fai.
- Escriben o seu nome (os de 3 anos tamén, que estos meses de cole, xa aprendimos como se escribe).
- E para os de 4 e 5 anos, poden escoller unha letra ó azar, e escribir todos os nomes da clase que conteñan dita letra.



Se poñedes en práctica estas recomendacións, xa me comentaredes os resultados. 😉


Un saúdo, e ánimo


#euquedonacasa






xoves, 26 de marzo de 2020

Coronavirus



Agora imos a recordar o que estivemos a facer o último día de cole, antes de este estado de alarma.

No momento da asamblea, os murmullos estaban todos encamiñados cara o mesmo tema: O CORONAVIRUS,  e comezamos a poñer en común as nosas ideas e coñecementos sobre o mesmo.

Tendo en conta os temores e a información deslabazada que tiñamos todos sobre o Coronavirus, decidimos coñecer máis sobre o mesmo, e puxémonos a investigar. 🔍   💻

Encontramos o seguinte conto, que é moi gráfico e nos axudou a comprender o que estamos a vivir, así como pautas que temos que seguir.

Podédelo recordar xuntos, e que os vosos cativos e cativas vos conten o que recordan e o que saben sobre este virus tan famoso. 

Porque como dixo algún neno "Debe ser un virus de los Reyes, porque tiene corona".



O conto é de Manuela Molina, e podédelo descargar no seguinte enlace:
(tédelo en diversos idiomas, así se queredes practicar o inglés, a "Teacher" estará encantada😉 jeje!)



mércores, 25 de marzo de 2020

Benvidos e benvidas!

Boas familias!

Tendo moi presente a situación que estamos a vivir, comezamos unha nova andaina.

Dende este blogue, iremos compartindo ideas, actividades e xogos, para, dun xeito lúdico e divertido, deixar que os máis pequenos e pequenas da casa sigan aprendendo pouquiño a pouco. 

E porque non!  Para pasar momentos en familia, facendo máis amena esta cuarentena. 😀

Ánimo e non esquezades #euquedonacasa