Que vos parece si xogamos
un pouco na bañeira?
Imos a facer pintura para o baño, estades preparad@s?
Materiais que imos a precisar:
- Colorantes alimenticios.
- Espuma de afeitar.
- Recipientes (moldes de magdalenas de silicona, frascos...)
- Pinceis, se non tedes, podemos pintar coas mans.
Pasos que temos que seguir:
- Poñer un pouco de espuma nun recipiente.
- Engadimos unha gota de colorante (non en exceso que senón será dificil de quitar das mans dos nen@s)
- Removemos cun palillo ou bastoncillo.
- E a pintar...
Poderás facer mestura de cores, e se queres borrar, só terás que apuntar co chorro de auga, e a seguir pintando.
E tede coidado de que non vos colla o frío de non estragar moita auga.🌊😉
Saúdos cativ@s!
#euquedonacasa
QUE DIVERTDO SONA!
ResponderEliminarCON GANAS DE PROBALO XAAAAAAAAAAAAAAA.
PROFE,XA CHE CONTAREMOS A NOSA EXPERIENCIA
GRAZAS.
Contade, contade, pero sobre todo DESFRUTADE! :-)
ResponderEliminar