Como temos moito tempo libre, vouvos a amosar cómo podemos crear o noso propio abecedario empregando elementos de refugallo.
* tapóns de leite (ou de outro envase) (empezade a gardalos, que van facer falta moitos)
* rotulador permanente
* gomets (podemos omitilos)
Agora xa nos poñemos mans a obra, e en cada tapón, pegamos un gomet (se non temos, escribimos directamente no tapón, os gomets, solo van a dar cor), e imos escribindo
as
letras do abecedario.
(repetide varias veces as vogais, e as consoantes máis empregadas para poder formas palabras). E mans á obra, a formar palabras!
Isto podemos facelo os maiores para os cativ@s de 3 anos, ou os de 4-5 anos, con axuda.
Poden tamén seguir un patrón feito por nos.
Para traballar tamén cos tapóns, podemos escribir o abecedario en maiúsculas e minúsculas nun folio.
- 3 e 4 anos asocian letras, e poñen enriba.
- 5 anos, poden poñer no folio as minúsculas e terán que asociar á maiúscula
correspondente.
Agora xa temos letras móviles para compoñer palabras: nomes, xoguetes, e incluso podemos completar frases, ou copiar títulos dos nosos contos, titulares de periódicos...
Imaxinación ao poder!💁
SEGUNDO MATERIAL:
* rotulador ou boli
Moi similar á actividade anterior, pero esta ademáis de permitirnos traballar a lectoescritura, asociación de letras..., vainos axudar a traballar a presión, pinza motriz, a forza e precisión dos cativ@s.
Escribimos letras na parte de arriba ou de abaixo das pinzas, para posteriormente, ordealas e formar palabras ao poñelas nunha caixa de zapatos, nunha corda...
Incluso con cartón que teñades na casa, podedes facer tarxetas con palabras significativas e interesantes para os nenos e nenas.
Por exemplo, estábamos traballando a AUGA, pois podemos botarlle imaxinación e debuxar e escribir palabras relativas a ese tema (dito sea de paso, que podemos amosar primeiro as imaxes no ordenador ou móvil e logo debuxalas, xa que neste caso cos meus debuxos, pode que non teñan unha idea clara )😅.
Ánimo cativ@s, animádevos a xogar coas letras, xa veredes que divertido.
Por certo!, se queredes, podedes enviarme fotos 📷por Abalar cos materias e as rutinas que estades a levar a cabo, e así podemos compartir cos compis do cole a través deste blog, o ben que o estades a pasar, así como compartir ideas para que esta cuarentena sexa máis amena.
😊Saúdos😉
#euquedonacasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario