venres, 29 de maio de 2020

Dominó

O dominó é un dos xogos, que polo xeral está presente na maioría de fogares, sexa de imáxenes, máis común para os cativ@s, e tamén o tradicional con puntos.

Hoxe recoméndovos o uso do dominó tradicional, xa que ten moito beneficios
   - Mellora a percepción visual, o fixarse nas fichas.
   - Mellora a psicomotricidade fina, a hora da colocación das fichas.
   - Mellora o coñecemento matematico ó contar os puntos.
   - Favorece habilidades interpersoais, xa que é un xogo en grupo. 
   - Axuda a traballar a paciencia dos cativ@s á hora de ter que esperar o seu turno. 

Por todo isto, e porque de forma lúdica estamos traballando un sinfín de cousas, ademáis do xogo tradicional, recoméndovos outros usos:




O alumnado asociará o número de puntos coa grafía do número.
Para os máis maiores podemos ir tomando contacto coas sumas. 

E tamén poderemos escribir o nome do número, e que busquen unha ficha que resulte ese número:

 SETE      =domino GIF  


Deste xeito traballamos, atención, lectoescritura, discriminación...

Animádevos a xogar e a "revivir" un xogo tan tradicional. 

Biquiños para todos os cativ@s! 😘😘

Bo fin de semana

#euquedonacasa

mércores, 27 de maio de 2020

Mundo Submarino

English Hello GIF by Happy Motion

Familias hoxe comparto convosco, unha app moi chula para os cativ@s.

A través dela, poderán colorear varios animais marinos, e ver as súas creacións en realidade aumentada.  

Podédelas colorear a través da app, ou imprimíndoas. 

Aquí deixo o enlace para que vos mergulledes e disfrutedes.
🐟🐠🐬

Cerebrito Color: Mundo Submarino - Apps on Google Play
Fai click na imaxe que abrirá o PDF explicativo.


Saúdos para todos e todas 😉


#euquedonacasa

luns, 25 de maio de 2020

Contamos e buscamos

Boas

Hoxo tráiovos un xogo de conteo e de búsqueda moi sinxelo.

Só precisaremos, folio, rotulador, dado e fichas (do parchis, figuras...)


Escribimos unha tabla con números ó azar.







  • Tiramos 2 dados (ou un, dependendo do nivel do cativ@)
  • Contamos os puntitos e sumamos.
  • Buscamos o número no tableiro
  • E tapamos cunha ficha. 





Se queredes, tamén podedes facelo con letras, e con cores, simplemente haberá que pegar letras no dado, ou cores, e facer un panel axeitado.  

E se o queredes complicar máis, podedes crear un dado con números maiores, para que traballen números máis elevados. 🔢


Saúdos familias! 😃

#euquedonacasa🏠

venres, 22 de maio de 2020

ArTisTeaNdO!

Familias

Hoxe tráiovos un pouco de artisteo para que os cativ@s experimenten a pintura noutras superficies. 

animation making GIF by floodcomics

Imos a precisar: 

- Papel de aluminio
-Rotuladores
de cores     
- Spray con auga
- Folio





Moooi pero que mooooi sinxelo, e empregando os rotuladores, obteremos un debuxo que parecerá feito por acuarelas. 🎨

1. Os cativ@s debuxan na parte menos brillante do papel o que eles queiran, empregando a ampla gama de cores.

2. Cando rematen rociamos o spray enriba, e poñemos o folio. 


3. Con coidado, retiramos o folio e deixamos secar. 


Resultado final

Espero que vos guste esta actividade e que desfrutedes con ela. 


Saúdos! E bo FIN DE SEMANA😉

#euquedonacasa

mércores, 20 de maio de 2020

Decoramos e xogamos

Aquí seguimos, un día máis é un día menos💪

Hoxo propoño unha actividade na que imos a partir da linguaxe plástica, para logo traballar a atención e asociación. 


Para iso, unha vez máis, precisamos de cartón (caixa de galletas, cereais, leite...), pinturas e tesoiras







E tamén podemos facer máis cousiñas cos polivalentes rolos de papel hixiénico.




Saudos familias!👩





#euquedonacasa

martes, 19 de maio de 2020

O que traballan os cativ@s!

Pois, si, os nosos cativ@s son moi pero que moi traballadores.

Manualidades super coloridas de BRAIS🎨
IAN xoga cunha supertabla caseira de motricidade fina.
XENIAL 👏
IAN traballando cos nomes de Superheróes.
IAN facendo Ioga, puzzles, traballand con nº...
Transporte de tapóns e creatividade de MATÍAS.












MATÍAS coa sua plasti caseira
e co seu aparcamiento 🚚🚗


NOA. Moire, usa plantillas para traballar, letras, números, atención...

ZAIRA, recortando e facendo manualidades.✂
ANTÍA traballando a lectoescritura e figuras xeométricas.🌞

Cada día os cativ@s sorpréndenme máis, seguen a ser traballadores, creativos e uns 
ARTISTAS



Grazas por compartir connosco o voso traballo!

flirty wink GIF


#euquedonacasa

luns, 18 de maio de 2020

Aparcacoches

Comezamos a semana con enerxía, e hoxe tócanos facer de aparcacoches.


Juguetes infantiles para coches en blanco y amarillo. Foto Premium


Polo que ide a polos vosos coches de xoguete que imos a comezar:
🚗🚙🚕

MATERIAIS:


  • Coches de xoguete
  • Post it ou papel e celo
  • Folio ou cartóns
  • Rotulador ou bolígrafo

(Poderedes comprobar que  as actividades que propoño son actividades que nos serven para traballar as mesmas cousas que en outras actividades xa sinaladas, pero empregando recursos diferentes, o que as fai máis atractivas para os cativ@s.)


Teremos que debuxar unhas ringleiras facendo como se fose un aparcamiento de coches.
 (podemos facer o aparcamiento en folio, e logo na funda plástica, ir poñendo o que queiramos traballar, tendo en conta modelos que amoso a continuación).

E teremos que aparcar cada coche no seu sitio correspondente:

- Co mesmo número (poñemos números nos aparcamientos e nos coches, para que asocien a grafía, sobre todo os de 3 anos).

- Puntos = número (números ou nos coches ou no aparcamiento, e puntos na inversa)




- Resultado de suma: 4 e 5 anos a suma nos coches e o resultado no aparcamiento

 ou á inversa, suma no aparcamiento e resultado nos coches:


Tamén podemos traballar a lectoescritura:

- Asociando letras maiúsculas iguais (3anos)

- Asociando a minúscula e a maiúscula.





- Formando sílabas, e logo escribir palabras que comecen con esa sílaba (5 anos)





















E como xa apuntei en moitas ocasións, podedes ir incrementando a dificultade cando vexades que o cativ@ xa ten dominado o exercicio, incluso podedes facelo con figuras xeométricas, cores...





Botádelle imaxinación....🚗🚘 e
DESFRUTADE.

Un saúdo aos meus aparcacoches favoritos 🚗😉


#euquedonacasa

xoves, 14 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Familias!

Estamos na Semana das Letras Galegas,
e o autor homenaxeado este ano é Ricardo Carvalho Calero. 

 Deixovos un enlace para que poidades acceder ó recurso creado para os máis cativos do cole.

Nuestro homenaje a las letras gallegas - BlogR
FAI CLICK NA IMAXE

Ademáis, dendo o Seminairo Galán, achégannos información sobre o autor, así como Libros Interactivos Multimedia para que os máis cativ@s poidan coñecer ó homenaxeado. 
http://seminariogalan.org/inicio/portada
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

Para acceder directamente ás actividades por idades, fai click na idade correspondente.

countdown muse GIF by Clio Awards

typography font GIF

Pi-Slices 3d loop trippy abstract GIF



Un saúdo familias😉

#euquedonacasa

mércores, 13 de maio de 2020

Monigote

Seguimos avanzando no mes de maio, e con este monigote intentaremos que sexa máis levadeiro. 
Collede lápiz ou rotulador, e debuxade un monigote nas posicions que se vos ocurra...


Monigote rojo Foto gratisMonigotes amarillos sonriendo Foto gratis

E logo, tedes 2 tarefas....



1. Construír o monigote con paus ou palillos.


2. Imitar co corpo a figura seleccionada.



E se queredes, podedes sacar fotografías do voso corpo para logo representar con palillos. 
motion graphics GIF
Saúdos e moito ánimo familias 😀😉

#euquedonacasa 

luns, 11 de maio de 2020

Xogo da Oca


Tradicional e clásico, a Oca é un xogo que todos e todas coñecemos e ó que a maioría de nos xogou algunha vez. 

Elaborei o seguinte xogo da Oca interactivo, para que dun xeito diferente traballamos a lóxica matemática (contando puntos no dado, retrocedento, avanzando...), respetemos turnos, e ademáis superemos distintas probas que se nos propoñen. 

Xogo Oca infantil CERDEIRIÑAS
Fai click na imaxe para acceder ó xogo.



A ver quen é capaz de chegar de primeir@ á META!

Saúdos CATIV@S 😉

#euquedonacasa


venres, 8 de maio de 2020

TEATRILLO DE SOMBRAS

Familias, que vos parece se creamos un teatrillo de sombras.

A través del, ademáis de traballar a expresión plástica, imos a fomentar o diálogo, a comunicación, expresión, así como adquisición de palabras novas.

Para facer o teatrillo necesitaremos:

MATERIAL:

  • Caixa de cartón e cúter.
  • Papel vexetal (de forno).
  • Debuxos oscuros, ou formas recortadas en cartulinas negras.
  • Paus, depresores ou palliñas.
  • Celo ou pegamento.
  • Lanterna ou foco.


O primeiro que imos a facer, é debuxar un rectángulo na caixa, que posteriormente (os adultos), cortaremos cun cúter. 

E pegamos por dentro o papel de forno. 
Podemos pintar e decorar a caixa ou pegarlle adornos.



Mentras, os cativ@s, poden ir debuxando persoaxes, 🎨figuras, ou incluso recortando ✂debuxos impresos negros ou  pegados en cartolina negra, aos que despois pegaremos un pau para poder manexar. 


( Valorade a posición máis cómoda para manexar os títeres, podemos poñer os paus por abaixo ou por arriba, onde sea máis doado para que os cativ@s poidan xogar)






E agora moveremos os paus coas nosas figuras entre o foco de luz ou lanterna e a pantalla do noso teatrillo.

Que comece a función!🎬


Podemos inventar mil e unha historias, ser os oíntes ou os contacontos, pero sempre DESFRUTANDO.
Aproveitade para traballar onomatopeias, distintas entoacións de voz imitando diversos persoaxes, para resolver conflictos, para que expresen sentimentos, pensamentos e ideas...
  (Xa me mandaredes documentos gráficos jajaja)

BIQUIÑOS E APERTAS PARA TODOS😗

Que teñades un bo fin de semana!
ÁNIMO😉



#EUQUEDONACASA

mércores, 6 de maio de 2020

CREATIVIDADE

Sabedes que unha tesoira non é so unha tesoira?

Propoño que dende a casa deixedes voar a vosa imaxinación, e  esos obxectos cotiás que temos o noso arredor os vexamos como algo máis. 

Para iso, necesitamos, o dito, OBXECTOS COTÍAS, pinturas, papel, IMAXINACIÓN e CREATIVIDADE

Simplemente poñedes os obxectos enriba do folio, e a crear..., amósovos uns exemplos: 
(tede en conta que o debuxo non é o meu jajaja).









Anímovos a crear, e a que me enviedes as vosas artistadas!

Biquiños e apertas a distancia familias😘😃


#euquedonacasa