venres, 22 de maio de 2020

ArTisTeaNdO!

Familias

Hoxe tráiovos un pouco de artisteo para que os cativ@s experimenten a pintura noutras superficies. 

animation making GIF by floodcomics

Imos a precisar: 

- Papel de aluminio
-Rotuladores
de cores     
- Spray con auga
- Folio





Moooi pero que mooooi sinxelo, e empregando os rotuladores, obteremos un debuxo que parecerá feito por acuarelas. 🎨

1. Os cativ@s debuxan na parte menos brillante do papel o que eles queiran, empregando a ampla gama de cores.

2. Cando rematen rociamos o spray enriba, e poñemos o folio. 


3. Con coidado, retiramos o folio e deixamos secar. 


Resultado final

Espero que vos guste esta actividade e que desfrutedes con ela. 


Saúdos! E bo FIN DE SEMANA😉

#euquedonacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario