🚗🚙🚕
MATERIAIS:
- Coches de xoguete
- Post it ou papel e celo
- Folio ou cartóns
- Rotulador ou bolígrafo
(Poderedes comprobar que as actividades que propoño son actividades que nos serven para traballar as mesmas cousas que en outras actividades xa sinaladas, pero empregando recursos diferentes, o que as fai máis atractivas para os cativ@s.)
Teremos que debuxar unhas ringleiras facendo como se fose un aparcamiento de coches.
(podemos facer o aparcamiento en folio, e logo na funda plástica, ir poñendo o que queiramos traballar, tendo en conta modelos que amoso a continuación).
E teremos que aparcar cada coche no seu sitio correspondente:
- Co mesmo número (poñemos números nos aparcamientos e nos coches, para que asocien a grafía, sobre todo os de 3 anos).
- Puntos = número (números ou nos coches ou no aparcamiento, e puntos na inversa)
- Resultado de suma: 4 e 5 anos a suma nos coches e o resultado no aparcamiento
ou á inversa, suma no aparcamiento e resultado nos coches:
Tamén podemos traballar a lectoescritura:
- Asociando letras maiúsculas iguais (3anos)
- Asociando a minúscula e a maiúscula.
- Formando sílabas, e logo escribir palabras que comecen con esa sílaba (5 anos)
- Co mesmo número (poñemos números nos aparcamientos e nos coches, para que asocien a grafía, sobre todo os de 3 anos).
- Puntos = número (números ou nos coches ou no aparcamiento, e puntos na inversa)
- Resultado de suma: 4 e 5 anos a suma nos coches e o resultado no aparcamiento
Tamén podemos traballar a lectoescritura:
- Asociando letras maiúsculas iguais (3anos)
- Asociando a minúscula e a maiúscula.
- Formando sílabas, e logo escribir palabras que comecen con esa sílaba (5 anos)
Ningún comentario:
Publicar un comentario