venres, 29 de maio de 2020

Dominó

O dominó é un dos xogos, que polo xeral está presente na maioría de fogares, sexa de imáxenes, máis común para os cativ@s, e tamén o tradicional con puntos.

Hoxe recoméndovos o uso do dominó tradicional, xa que ten moito beneficios
   - Mellora a percepción visual, o fixarse nas fichas.
   - Mellora a psicomotricidade fina, a hora da colocación das fichas.
   - Mellora o coñecemento matematico ó contar os puntos.
   - Favorece habilidades interpersoais, xa que é un xogo en grupo. 
   - Axuda a traballar a paciencia dos cativ@s á hora de ter que esperar o seu turno. 

Por todo isto, e porque de forma lúdica estamos traballando un sinfín de cousas, ademáis do xogo tradicional, recoméndovos outros usos:




O alumnado asociará o número de puntos coa grafía do número.
Para os máis maiores podemos ir tomando contacto coas sumas. 

E tamén poderemos escribir o nome do número, e que busquen unha ficha que resulte ese número:

 SETE      =domino GIF  


Deste xeito traballamos, atención, lectoescritura, discriminación...

Animádevos a xogar e a "revivir" un xogo tan tradicional. 

Biquiños para todos os cativ@s! 😘😘

Bo fin de semana

#euquedonacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario