A través del, ademáis de traballar a expresión plástica, imos a fomentar o diálogo, a comunicación, expresión, así como adquisición de palabras novas.
Para facer o teatrillo necesitaremos:
MATERIAL:
- Caixa de cartón e cúter.
- Papel vexetal (de forno).
- Debuxos oscuros, ou formas recortadas en cartulinas negras.
- Paus, depresores ou palliñas.
- Celo ou pegamento.
- Lanterna ou foco.
O primeiro que imos a facer, é debuxar un rectángulo na caixa, que posteriormente (os adultos), cortaremos cun cúter.
E pegamos por dentro o papel de forno.
Podemos pintar e decorar a caixa ou pegarlle adornos. |
Mentras, os cativ@s, poden ir debuxando persoaxes, 🎨figuras, ou incluso recortando ✂debuxos impresos negros ou pegados en cartolina negra, aos que despois pegaremos un pau para poder manexar.
( Valorade a posición máis cómoda para manexar os títeres, podemos poñer os paus por abaixo ou por arriba, onde sea máis doado para que os cativ@s poidan xogar)
E agora moveremos os paus coas nosas figuras entre o foco de luz ou lanterna e a pantalla do noso teatrillo.
Que comece a función!🎬
Podemos inventar mil e unha historias, ser os oíntes ou os contacontos, pero sempre DESFRUTANDO.
Aproveitade para traballar onomatopeias, distintas entoacións de voz imitando diversos persoaxes, para resolver conflictos, para que expresen sentimentos, pensamentos e ideas...
(Xa me mandaredes documentos gráficos jajaja)
BIQUIÑOS E APERTAS PARA TODOS😗
Que teñades un bo fin de semana!
ÁNIMO😉
Que teñades un bo fin de semana!
ÁNIMO😉
#EUQUEDONACASA
Ningún comentario:
Publicar un comentario