venres, 19 de xuño de 2020

ATA PRONTO

"Xa estamos chegando ó verán nun dos cursos máis atípicos que poden recordar os maiores, porque para nós é raro,  o cole acabou antes de tempo e de forma extraña, pero nós non temos esa experiencia de anos anteriores.

Ese tal "coronavirus"  tan peligroso do que falan os maiores, impediunos seguir aprendendo cos nosos compañeiros e profes, non puidemos colgar os nosos abrigos ó entrar, nin contar as nosas aventuras na asamblea, nin tirar area en ollo alleo no areeiro. Tampouco puidemos facer festa cada vez que escoitábamos unha nova canción, nin coñecer máis de preto a ese tal "Mozart" que empezamos a investigar, tamén tivemos que deixar de carrexar pedriñas do patio, e deixamos de entrar ansiosos no comedor esperando a ver que había de postre, deixamos tamén de chamarlle "mamá" á profe, e xa non xogamos nos nosos recunchos que tanto botamos de menos.

Pero, non todo van a ser cousas malas, porque aínda que o mundo parara, nós "non paramos quiet@s", e vos ben o sabedes.
Sin compartir as experiencias cos nosos compis, seguimos  crecendo e aprendendo, e sobre todo, disfrutando de tempo  en familia, e que BEN o pasamos xuntos. 

Somos os máis cativos do cole, pero demostramos con moita valentía, despois de estes meses de cuarentena, que temos superpoderes:

- o poder de rir sin saber porqué
- o poder de entreternos con calquer cousa
- o poder de desconectar a papá e mamá do seu traballo
- o poder de poñer nerviosos aos maiores soamente co noso silencio
- o poder de ter enerxía ilimitada (sabémolo, a veces buscades o noso botón de OFF)
- o poder de encontrar tesouros onde outros soamente ven pedras ou paus
- o poder de convertir unha caixa de cartón nun castelo 
- o poder de esgotar as vosas ideas de manualidades
- o poder de gastar o voso nome 
- o poder de retar á paciencia dos maiores
- o poder de ser despertadores automáticos
- o poder de querer sin límites

Por todo iso e por moito máis..., sabemos que somos especiais e queremos darvos un pouco da nosa enerxía.
 
Fixemos un baile alegre porque queremos enchervos de ledicia e de ganas de desfrutar, e tamén, para que ocultalo, para que vexades que temos futuro no mundo do espectáculo (ou do circo, quen sabe...).
Podédelo ver na web do cole: 


e tamén podedes ver a despedida dos máis maiores do cole, aos cales lles desexamos moita sorte na súa nova etapa. 

 
Con todo o noso cariño, desexamos que aínda que sexa un verán atípico, sexa tempo de lecer, de alegría, de relaxación, de moito xogo e tempo cheo de VIDA.

Vémonos á volta coas pilas cargadas!

Un saúdo e unha aperta virtual dos máis cativ@s"

"GRAZAS  por facer que o noso pequeno mundo sexa o MELLOR".


Como profe, darvos as grazas a todas e cada unha das familias, que ante os retos e as dificultades que se presentaron neste curso, superáchedelas con éxito. 

Grazas pola participación, dedicación, esforzo e traballo. 
Desexo que teñades un verán marabilloso, que sigades xogando e aprendendo e que pasiño a pasiño os soños dos máis cativ@s do cole se convirtan en realidade. 


BIQUIÑOS e APERTAS para todos e todas!

get well hug GIF

Que teñades un BO VERÁN

summer GIF by eyedesyn
 

xoves, 18 de xuño de 2020

Olé

👏


Sigo sorprendida do ben que levaron @s cativ@s este curso tan atípico, diferente e raro.

Chéganme fotos dos vosos traballos, e amósan o ben que o estades a pasar, e como estades a aprender dende a casa. Estou ENCANTADA,
con vos da gusto!😍


IAN, moi traballador, escribiu o nome do autor homenaxeado nas Letras Galegas, tamén pintou tarros, fai figuras con palillos...
Land art, con bichos traballados no blog da Teacher.


Busca letras determinadas, fai siluetas con elementos naturais, e fixo un SUDOKU moi, pero que moi chulo, verdade?
Incluso coas mesmas fichas do sudoku, inventa un novo xogo. 👏👏


ZAIRA, fixo un teatro de sombras no que lle encanta contar contos, e xogar coa sua familia. E tamén fixo unha manualidade moi chula con diversas texturas para conmemorar o Día das Letras Galegas, representando "As pitas baixo a choiva". 
ZAIRA, unha artista.

ZAIRA traballando o Día das Letras Galegas




Tamén BRAIS amosa como traballa coas siluetas de elementos da natureza. 

E LEIRE,  traballa sumas, restas, e leva a cabo actividades no ordenador. 

E por último, mirade VERA, fixo de todo un pouco, un aparcamiento numérico, puzzles con cartón, actividades de atención, e ademáis un paisaxe con elementos naturais (land art). 



XENIAL! 
Con vos da gusto traballar. 
GRAZAS FAMILIAS 
english thank you GIF by GIPHY Studios Originals

martes, 16 de xuño de 2020

Leite PinTaDa

🎨Familias!🎨

Xa non queda nada para que remate o curso, que vos parece se hoxe facemos unha artistada?

Moi moi sinxela, pero non por eso deixa de ser divertida e interesante. 



pintura para niños con leche

Xa sabedes, ensuciade, experimentade, manipulade, divertídevos xuntos, 
que todas as actividades que fagades sexan unha aventura e tempo de lecer. 

BIQUIÑOS para tod@s!!!😘😘

domingo, 14 de xuño de 2020

Frasco da CaLmA

Empecemos a semana cunha actividade moi chuli.

Os frascos da calma, son un recurso ideado por Montessori para axudar a calmar aos cativ@s cando se poñen nerviosos ou se enfadan. 
Van a axudar a calmarse aos pequen@s cando entran nun enfado incontrolabe, xa que aos cativ@s cóstalle controlar a frustación. 
O frasco ou botella da calma será unha ferramenta que axude a volver a un estado de tranquilidade. 
Cando @ cativ@ esté nesa fase incontrolabe, non é o momento de falar con el, xa que o primeiro paso é lograr que se calme. Unha vez que se calme falaremos con el. 

 A botella axitada (con todo o que ten movéndose na auga), é un símil co que pasa na cabeza dos cativ@s cando están enfadados ou nerviosos. Todo vai moi rápido, de forma descontrolada sin saber que pasa. 

Cando pasan 2-3 minutos, todo o interior da botella vai volvendo ao seu estado inicial, xa nada se move e podemos ir vendo con claridade qué hai dentro da auga. Da mesma forma, un cativ@ enfadado que queda quieto, en calma, nuns minutos vai relaxándose e logo ve todo máis claro. Podemos dicir que funciona como unha terapia para os peques e lles axuda a entender as súas emocións. 

Non podemos ver a botella da calma como un castigo ou como algo para que os cativ@s empreguen aislados. Por eso debemos ser conscientes de que despois do seu uso hai que falar co pequen@ e axudarlles a expresar o que sentiron: Cal foi o motivo o motivo do enfado? Como se sentiron? Como poden solucionar o que pasou?...

Xa que moitas veces os cativ@s non saben que emoción están sentindo, porqué a experimenten, como se chama ou porqué está ahí. Vai ser responsabilidade dos maiores ensinarlle a descubrir todo eso e axudarlles a coñecer e saber expresar as súas emocións. 

Con esto iremos facéndo que se vaian coñecendo a eles mesmos, e sendo conscientes de que coas emocións á flor de pel, é difícil pensar con claridade, polo que debemos calmarnos relaxarnos primeiro antes de actuar. 

Tendo en conta todo isto, recomendo que as fagades, sempre facéndoos partícipes e que sepan que é o que están a facer, que organicen os materiais, escollan colores...

COMEZAMOS:



Podedes realizar varias botellas con diferentes materiais, cores..., como vos queirades. 

Déixovos un enlace para que podades coller ideas de outro tipo de botellas que podedes elaborar cos vosos cativ@s:

Frascos de la calma - YouTube
Facede click na imaxe.

Espero que disfrutedes facéndoas, e sobre todo que lle sirvan aos cativ@s para ir coñecendo e controlando as súas emocións. 


BIQUIÑOS PARA TODOS!

happy emoji GIF by James Thacher


venres, 12 de xuño de 2020

ConXelamoS

 Familias

Como estades a comprobar, estos días, estamos aproveitando todos os recursos que nos da a natureza, e hoxe traio unha proposta que encanta os cativ@s. 

Imos a conxelar diversas cousiñas que encontremos nos nosos paseos. 


Eu fun collendo flores, paus...

 
Despois temos que metelos en moldes de magdalenas, ou recipientes apropiados para que poidan ir ó conxelador.

Enchemos de auga, e tamén podemos meter algún xoguete ou peza pequena. 

E unha vez cheos, metemos os recipientes no conxelador. 
trippy design GIF by Motion Addicts

Pasado un tempo, sacamos, manipulamos, experimentamos e hipotetizamos...
  • Que pasa se lle botamos auga quente?
  • Que pasa se lle botamos auga fría?
  • Con que auga se derrete antes?
  • E que ocorre se lle damos con un secador?
  • E se lle damos con unha xiringa con auga quente?




Tamén podedes xogar a ver quen consegue derreter o xeo primeiro. 
Veredes como aos cativ@s lles encanta esta actividade. 
Os meus sobriños pasárono pipa 😉


Biquiños familias
Que pasedes unha boa fin de semana. 
Bom Dia Hello GIF

mércores, 10 de xuño de 2020

LaNd ArT

FaMiLiAs!


A natureza, pode dar moito xogo, e temos que aproveitar dela todo o posible, sempre de xeito responsable, sen danar nin contaminar o medio ambiente.

LAND ART, é unha proposta de Robin Smithson, na que toma protagonismo a natureza como parte fundamental da creación artística que se quere levar a cabo. 

Os elementos da natureza (paus, follas, florse, cortezas, pedras, terra...) dan vida a creatividade do artista. Por iso, os nosos cativ@s poden ser grandes artistas simplemente decorando e manipulando ditos elementos naturais.

Para levar a cabo esta actividade artística, precisamos saír da casa, ir ao parque, praia, bosque..., e co que nos encontremos no noso paseo, deixaremos voar a nosa imaxinación. e faremos composicións tendo en conta as cores, formas, tamaños...






Tamén podemos facelo a gran escala, para o cal, os cativ@s precisarán a vosa axuda.







incluíndo ao cativ@ na creación.























E, como vedes, tamén podemos traballar as letras, os números...
E tamén podemos facer diferentes bichos, como amosa a Teacher no seu blogue
https://englishteacherincerdeirinhas.blogspot.com/search/label/English%20Kindergarten%20%28Infantil%29





Xa sabedes familias, espertade a creatividade ,imaxinación, o respecto polo medio ambiente, e sobre todo desfrutade. 🌳🌲🌻🍀


Biquiños e apertas para tod@s!!!
😃

luns, 8 de xuño de 2020

Atención

Seguimos con actividades que nos van a servir para traballar a atención, ademáis de asociación de cores, concentración...

Como sempre, con materiais e cousiñas que temos na casa.

Neste caso, simplemente, con cores e papel:


 Debuxamos un elemento base, e engadimos unha marca diferente a cada un. 

Posteriormente, @s cativ@s deben completar seguindo o patrón marcado.




Para os máis maiores, podemos engadir a suma atendendo a colores, e que posteriormente verbalicen que color ten máis, cal ten menos, cantos faltarían para que todos foran iguais... (sempre sendo coherentes coas posibilidades d@ nos@ cativ@.)



Seguimos agora con puntos e números, traballando asociación, atención, lóxicamatemática...


 Dividimos un folio á metade, e cada metade en cuadrados. 

Escribimos en cada cuadrado un número ou puntos (podemos traballar cantidades maiores cos de 4 e 5 anos). 





Posteriormente, @s cativos, completarán na outra metade do folio, cada cuadrado co número ou cos puntos correspondentes.



Biquiños para todos, ánimo e a seguir traballando!
emoji emoticons GIF