venres, 5 de xuño de 2020

SILUETAS


Ola de novo familias!


Hoxe traio unha actividade coa que podedes empregar calquer cousiña que teñades pola casa. 

Imos a traballar a atención, percepción, lóxica así como a motricidade fina. 
Todo isto a través das siluetas.
Para levar a cabo esta actividade os nenos deberán: 

  Buscar obxectos diversos.


  Trazar a súa silueta nun papel.


   Unha vez trazadas as siluetas, xuntaremos os obxectos e deberán asociar 

silueta-obxecto.



Esto mesmo, e aproveitando os días de sol, e os paseos ó aire libre, podémolo facer con elementos da natureza (follas, flores, paus, conchas...), ou co mesmo elemento con diferentes formas se queremos que sexa máis difícil.










Espero que vos guste esta actividade. 

Un saúdo e ánimo, que o verán xa está moi preto! 
sun whatsapp status GIF by good-morning
Bo finde!😉

Ningún comentario:

Publicar un comentario