Como estades a comprobar, estos días, estamos aproveitando todos os recursos que nos da a natureza, e hoxe traio unha proposta que encanta os cativ@s.
Despois temos que metelos en moldes de magdalenas, ou recipientes apropiados para que poidan ir ó conxelador.
Enchemos de auga, e tamén podemos meter algún xoguete ou peza pequena.
E unha vez cheos, metemos os recipientes no conxelador.
Pasado un tempo, sacamos, manipulamos, experimentamos e hipotetizamos...
- Que pasa se lle botamos auga quente?
- Que pasa se lle botamos auga fría?
- Con que auga se derrete antes?
- E que ocorre se lle damos con un secador?
- E se lle damos con unha xiringa con auga quente?
Tamén podedes xogar a ver quen consegue derreter o xeo primeiro.
Veredes como aos cativ@s lles encanta esta actividade.
Os meus sobriños pasárono pipa 😉
Biquiños familias
Que pasedes unha boa fin de semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario