venres, 19 de xuño de 2020

ATA PRONTO

"Xa estamos chegando ó verán nun dos cursos máis atípicos que poden recordar os maiores, porque para nós é raro,  o cole acabou antes de tempo e de forma extraña, pero nós non temos esa experiencia de anos anteriores.

Ese tal "coronavirus"  tan peligroso do que falan os maiores, impediunos seguir aprendendo cos nosos compañeiros e profes, non puidemos colgar os nosos abrigos ó entrar, nin contar as nosas aventuras na asamblea, nin tirar area en ollo alleo no areeiro. Tampouco puidemos facer festa cada vez que escoitábamos unha nova canción, nin coñecer máis de preto a ese tal "Mozart" que empezamos a investigar, tamén tivemos que deixar de carrexar pedriñas do patio, e deixamos de entrar ansiosos no comedor esperando a ver que había de postre, deixamos tamén de chamarlle "mamá" á profe, e xa non xogamos nos nosos recunchos que tanto botamos de menos.

Pero, non todo van a ser cousas malas, porque aínda que o mundo parara, nós "non paramos quiet@s", e vos ben o sabedes.
Sin compartir as experiencias cos nosos compis, seguimos  crecendo e aprendendo, e sobre todo, disfrutando de tempo  en familia, e que BEN o pasamos xuntos. 

Somos os máis cativos do cole, pero demostramos con moita valentía, despois de estes meses de cuarentena, que temos superpoderes:

- o poder de rir sin saber porqué
- o poder de entreternos con calquer cousa
- o poder de desconectar a papá e mamá do seu traballo
- o poder de poñer nerviosos aos maiores soamente co noso silencio
- o poder de ter enerxía ilimitada (sabémolo, a veces buscades o noso botón de OFF)
- o poder de encontrar tesouros onde outros soamente ven pedras ou paus
- o poder de convertir unha caixa de cartón nun castelo 
- o poder de esgotar as vosas ideas de manualidades
- o poder de gastar o voso nome 
- o poder de retar á paciencia dos maiores
- o poder de ser despertadores automáticos
- o poder de querer sin límites

Por todo iso e por moito máis..., sabemos que somos especiais e queremos darvos un pouco da nosa enerxía.
 
Fixemos un baile alegre porque queremos enchervos de ledicia e de ganas de desfrutar, e tamén, para que ocultalo, para que vexades que temos futuro no mundo do espectáculo (ou do circo, quen sabe...).
Podédelo ver na web do cole: 


e tamén podedes ver a despedida dos máis maiores do cole, aos cales lles desexamos moita sorte na súa nova etapa. 

 
Con todo o noso cariño, desexamos que aínda que sexa un verán atípico, sexa tempo de lecer, de alegría, de relaxación, de moito xogo e tempo cheo de VIDA.

Vémonos á volta coas pilas cargadas!

Un saúdo e unha aperta virtual dos máis cativ@s"

"GRAZAS  por facer que o noso pequeno mundo sexa o MELLOR".


Como profe, darvos as grazas a todas e cada unha das familias, que ante os retos e as dificultades que se presentaron neste curso, superáchedelas con éxito. 

Grazas pola participación, dedicación, esforzo e traballo. 
Desexo que teñades un verán marabilloso, que sigades xogando e aprendendo e que pasiño a pasiño os soños dos máis cativ@s do cole se convirtan en realidade. 


BIQUIÑOS e APERTAS para todos e todas!

get well hug GIF

Que teñades un BO VERÁN

summer GIF by eyedesyn
 

2 comentarios:

  1. Gracias Rocio por ese video tan bonito, e por todo o que nos axudaches coas actividades a entreter os nenos na casa. Moitos bicos de Antia

    ResponderEliminar