Agora imos a recordar o que estivemos a facer o último día de cole, antes de este estado de alarma.
No momento da asamblea, os murmullos estaban todos encamiñados cara o mesmo tema: O CORONAVIRUS, e comezamos a poñer en común as nosas ideas e coñecementos sobre o mesmo.
Tendo en conta os temores e a información deslabazada que tiñamos todos sobre o Coronavirus, decidimos coñecer máis sobre o mesmo, e puxémonos a investigar. 🔍 💻
Encontramos o seguinte conto, que é moi gráfico e nos axudou a comprender o que estamos a vivir, así como pautas que temos que seguir.
Podédelo recordar xuntos, e que os vosos cativos e cativas vos conten o que recordan e o que saben sobre este virus tan famoso.
Porque como dixo algún neno "Debe ser un virus de los Reyes, porque tiene corona".
O conto é de Manuela Molina, e podédelo descargar no seguinte enlace:
(tédelo en diversos idiomas, así se queredes practicar o inglés, a "Teacher" estará encantada😉 jeje!)
Ningún comentario:
Publicar un comentario