Recordade que "un nen@ que lee, é un adulto que pensa"
Nesta Semana do Libro, gustaríame sinalar algúns tips, ou consellos, que nos van a axudar a que os nosos cativ@s se interesen pola lectura, e se inicien nela de xeito progresivo:
- Somos exemplo . Os cativos van a aprender do voso exemplo. Se na casa observan que aos maiores lles gusta a lectura por diferentes temas, eles tamén se motivarán a facelo.
- Ensínalle palabras sinxelas. Polo xeral, os pequen@s de 3 anos, aprenden a identificar (non a ler) algunhas palabras como se fosen imáxenes. Por iso, podes escribir etiquetas de obxecto familiares e pegalos en espacios da casa, así estarán idenficando máis palabras.
- Léelles contos, pregunta que está entendendo da lectura, creade un diálogo ao final do conto, falade dos persoaxes, do que pasou ou do que podería pasar, veredes que capacidade de imaxinación teñen os cativ@s.
- Que vos lean a vos. Todos temos na casa contos máis que lidos en familia, e que os cativ@s xa saben de memorio. Pois podedes organizar un contacontos no que sea o peque, o que vos «lea» a vos ese conto que tanto lle gusta.
- Libros, revistas, periódicos... o seu alcance, para que poidan collelos cando queiran, trastealos, miralos, disfrutalos. Se queremos que os libros se utilicen e se vivan, teremos que poñelos fácil de alcanzar.
- Levar a cabo actividades que incremente a capacidade de memorizar. A través de poemas, cancións que axuden a adquirir vocabulario, así ,cando se inicien na lectura, xa estarán familiarizados con palabras e o seu aprendizaxe será progresivo.
- Pega na súa habitación palabras que describan cualidades. Non solo estaremos favorecendo a súa autoestima, tamén creamos un entorno positivo con palabras que fomentan a boa conducta e a lectura das mesmas.
E como non, levar a cabo actividades nas que as LETRAS sexan as protagonistas: decorando, recortando, pegando, debuxando, coloreando....
Con estos pequenos consello, e con trucos que seguramente xa estades a levar a cabo, estaredes motivando ós cativ@s a ler cada vez máis e a ter interese pola lectura.
#euquedonacasa📚
Ningún comentario:
Publicar un comentario