Tedes os 👀ollos ben abertos?
Para levar a cabo esta actividade tedes que estar moi atentos e atentas, porque os tesouros están ocultos e terédelos que atopar
Materiais que precisamos:
- Pan raiado, ou serve a sal e o azúcre das outras bandexas.
- Bandexa transparente (eu reutilizo as do supermercado de setas, fresas...), senon, podedes empregar unha bandexa normal, e meter o papel dentro.
- Folios
- Lápis ou rotuladores
- Pincel fino, ou unha pinza con un anaco de papel de prata.
1. Escribimos ou debuxamos nun papel do tamaño da bandexa desordeados os símbolos que escollemos para levar a cabo a actividade.
2. Escribimos noutro papel os mesmos símbolos.
3. Poñemos un dos papeis debaixo da bandexa (ou dentro da mesma si non é transparente).
4. Enchemos a bandexa de pan raiado, ou area.
6. E agora temos que buscar, como se dun tesouro se tratase os símbolos que se nos amosan no outro papel e ilos tachando (podemos facelo por orden, ou de xeito aleatorio).

Moi importante que o fagan pouquiño a pouco e non espallen todo o pan raiado de golpe.
Podemos levar a cabo esta actividade enfocada dende diferentes aspectos que queiramos traballar: letras, números, cores, figuras xeométricas, emocións... (liberdade de elección), e a complicación que lle queirades dar tendo en conta o nivel e a evolución dos cativ@s.
A espertar a nosa vea arqueóloga!😜 jaja!
#euquedonacasa
A espertar a nosa vea arqueóloga!😜 jaja!
#euquedonacasa
Moi orixinal e divertido profe!! Encántame!! Poñerémolo en práctica utilizando as plantillas da actividade que nos puxeches anteriormente. Gracias de novo :)
ResponderEliminarXa me diredes que tal o resultado, é unha actividade divertida, que se lle fai moi amena aos peques. Un saúdo :-)
Eliminar