DÍA MUNDIA DA SAÚDE
Como ben sabedes, onte foi o Día Mundial da Saúde, e os máis pequenos do cole, envíannos algúns carteis e recomendacións para que a saúde vaia sempre connosco da man.
Incidimos moito na alimentación, e vemos como NOA, fixo a súa pirámide alimenticia, e nos amosa alimentos saudables e que teñen que formar parte do noso día a día.
Por outra banda, ZAIRA, tendo en conta o que estamos a vivir, sinala a importancia de coidar de un mesmo, e aplaude a labor do persoal sanitario. 👏
Seguimos coa importancia dunha alimentación equilibrada,
e iso é o que nos recomenda VERA:
"Se san queres estar, moita froita has de tomar"
E ANTÍA, crea unha merenda
divertida e moi
pero que moi
saudáble.
Seguimos vendo o importante que é a alimentación para a nosa saúde, pero non solo iso, senón que lavar os dentes e as mans, non se nos pode esquecer, por iso no lo recorda IAN, co seguinte cartel.
LEIRE recalca,unha vez máis, a necesidade de que día a día as froitas sean as nosas amigas, para ser forte.
Seguimos con outras recomendacións, esta vez, BRAIS, tendo en conta o que estamos a vivir, recomenda:
E por último, MATÍAS, como un bo deportista, ensina que o deporte tamén é moi importante para a nosa saúde.
Moitas grazas a tódalas familias que participáchedes, espero que o pasárades ben creando os vosos carteis, e que levedes á práctica esas mensaxes tan necesarias tódolos días.
Mil biquiños, e ánimo😊
#euquedonacasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario