E pensaremos se as letras teñen sabor...💭
Pois claro que si, para comprobalo, imos a preparar 2 bandexas, unha con sal e outra con azucre.
Faremos tamén para esta actividade, unhas tarxetas coas letras do alfabeto e tamén números (podenos servir os tapóns do leite co alfabeto).
Un vez que estemos preparados, os cativ@s terán que trazar co dedo na bandexa a letra que toque, e unha vez finalice dita letra, chupará o dedo e dirá se lle tocou dulce ou salgado.
Cambiaremos as bandexas, para enganalos un pouco e que así ó mesmo tempo que traballan a lectoescritura e o trazo, traballar tamén a percepción a través do sentido do gusto👅
*Tende en conta as posibilidades de cada nen@, podedes facer as tarxetas das letras minúsculas ou maiúsculas, e incluso para os máis maiores con algunha sílaba (ma, pa, pe, po, me...).
A divertise! ☺
#euquedonacasa
Ningún comentario:
Publicar un comentario