xoves, 30 de abril de 2020

PUNTERÍA

Cativ@s como estamos de puntería?

Mirade que para levar a cabo estes xogos, debemos de ter boa puntería, e se non a temos....pois o que toca é practicar jajaja!

Así que mans á obra...
Coma sempre necesitaremos materiais que teñamos pola casa: 

Porta con diana

Materiais: 
- Periódico ou cartón
- Celo
- Tesoiras
- Papel
- Rotulador
- Pelotas ou avións de papel

Elaboración:
Moi pero que moi fácil, simplemente, xuntamos 2 follas de periódico (ou máis, dependendo do tamaño da porta), e facemos círculos de diferentes tamaños. 
Nos círculos máis grandes, poñemos ao lado unha puntuación baixa, e conforme van diminuindo en tamaño, aumenta a dificultade e vai aumentado a puntuación. (números máis baixos para os de 3, e máis altos para os de 4 e 5 anos, aínda que se queremos, podémolo facer sen puntos). 
Xogamos por turnos, e imos sumando a puntuación.
(que o fagan eles, poden usar os dedos, anotando raias, ou mentalmente, sempre tendo en conta as posibilidades de cada un). 


Bolos

Materiais:

- Botellas (de leite, de auga, bebibles...)
- Pinturas, pegatinas ou material para decorar.
- Pelota

Unha vez vacías as botellas, decorámola como queiramos: pintamos, pegamos goma eva, pegatinas... e poñemos un número en cada botella. 
Enchemos o cú da botella con arroz, ou con auga, para que pese algo e non saian disparadas.
Poñemos unha marca no chan a certa distancia (máis ou menos difícil dependendo do expert@ tirador /a jajaja). e a lanzar a pelota polo chan. 
E iremos sumando os números das botellas que están no chan. 
Para complicalo máis, os nenos de 4 e 5, poden sumar os que quedan no chan, e os que quedan de pe, e así comparar donde hai máis ou menos puntuación.
Se queremos, para os nenos de 4 e 5 anos, podemos poñer tamén algunha letra, e terán que decir ou escribir palabras que empecen por dita letra. 
(por exemplo, se tiran 2 bolos, un ca letra P e outro ca E: Parque, elefante).
🎳


Discos voladores


Materiais:


- Cartón
- Tesoiras
- Témperas
- Rolo de papel de cociña

Recortamos uns discos no cartón, decoramos de distintas cores. 
Por outra banda, pegamos nunha base de cartón, o rolo de papel de cociña. 
E agora, a unha distancia prudencial, lanzaremos os aros para encestar no rolo.
Tedes un vídeo tutorial do profe Juan de Ed. física no seu blogue, déixovos o enlace.
E polas fotos que me fixéchedes chegar, algúns de vos xa o tedes feito 😉.

http://efcerdeirinhas.blogspot.com/2020/04/xogo-para-infantil-e-primaria.html

⭕ ⭕ ⭕



Avións de papel

Míticos...clásicos, pero nunca fallan. 
Só necesitades papel, e un pouco de maña jaja!😏 ahh, e como non, pinturas..., un avión sin personalizar non é un avión 🚀

Déixovos un enlace con pasos a seguir, escollede o avión que queirades
 (sí, hai infinidade de modelos....eu non sabía...jajaja).
Podedes poñer marcas no suelo, ou simplemente a lanzar.....
FAI CLIK NA IMAXE

Veña... a comprobar quen é capaz de lanzar máis lonxe!


Moito ánimo cativ@s!😄


Que teñades unha feliz ponte😊


#euquedonacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario