Durante a cuarentena, vai ser de vital importancia para as familias establecer unha serie de rutinas, de xeito que axuden a levar da mellor maneira posible esta situación
temporal.

Amoso a continuación, un modelo de rutinas, que podedes adaptar tendo en conta as vivencias de cada familia, oon intervalos de horas orientativos:🕐
- 9h-10h: Almorzo, aseo, vestimenta (non temos présa, e xa somos maiores, sol@s podemos facelo).
- 10h- 12h: Actividades varias (podemos comezar pola asamblea).
- 12h- 14h: Descanso, axuda na cociña, poñemos a mesa.
- 14h- 17h: Comemos sós, recollemos a mesa, e podemos axudar a fregar ou meter no lavalouzas os enseres, e descansamos.
- 17h- 20h: Actividades: debuxo, recetas, relaxación...
- 20h- 22h: Ducha, cena, conto e a durmir.
Este modelo de rutinas, que pode ser ampliamente modificable, axudará aos cativos e cativas a situarse temporalmente, e a ter unha imaxe mental do que se vai levar a cabo
ó longo do día.
Fomentemos que os cativ@s, sexan cada vez máis independentes, e tendo en conta que o que nos sobra agora mesmo é tempo....😞 deixemos que eles e elas, fagan e desfagan,
practiquen e vaian collendo hábitos que os axuden a ser autónomos.
Imos a darlle tempo para:
- vestirse e desvertirse
- calzarse e descalzarse (poñer e quitar velcro, sacar e poñer calzado...)
- estirar a roupa da cama.
- axudar a poñer e a recoller a mesa (contando cubertos, vasos, se fan falta máis, se sobra algún...)
- axudar nas tarefas do fogar: limpar o polvo, secar cubiertos, meter e sacar roupa da lavadora
Unha das rutinas que gusta moito aos cativ@s, e que podemos facer despois de almorzar, asearnos e de vestirnos, é a asamblea, así que podemos levar a cabo unha pequena asamblea caseira:
- Marcamos o día no que estamos nun calendario.
- Tachamos o día anterior.
- Dicimos verbalmente os días da semana.
- Os de 4 e 5 anos, poden escribir o día da semana no que nos encontramos.
- Mirar pola fiestra e comentar o tempo atmosférico.
- Facer un debuxo do seu corpo e do tempo atmosférico que fai.
- Escriben o seu nome (os de 3 anos tamén, que estos meses de cole, xa aprendimos como se escribe).
- E para os de 4 e 5 anos, poden escoller unha letra ó azar, e escribir todos os nomes da clase que conteñan dita letra.
Se poñedes en práctica estas recomendacións, xa me comentaredes os resultados. 😉
Un saúdo, e ánimo
#euquedonacasa