Hoxe recoméndovos o uso do dominó tradicional, xa que ten moito beneficios:
- Mellora a percepción visual, o fixarse nas fichas.
- Mellora a psicomotricidade fina, a hora da colocación das fichas.
- Mellora o coñecemento matematico ó contar os puntos.
- Favorece habilidades interpersoais, xa que é un xogo en grupo.
- Axuda a traballar a paciencia dos cativ@s á hora de ter que esperar o seu turno.
Por todo isto, e porque de forma lúdica estamos traballando un sinfín de cousas, ademáis do xogo tradicional, recoméndovos outros usos:
O alumnado asociará o número de puntos coa grafía do número.
Para os máis maiores podemos ir tomando contacto coas sumas.
Para os máis maiores podemos ir tomando contacto coas sumas.
E tamén poderemos escribir o nome do número, e que busquen unha ficha que resulte ese número:
Deste xeito traballamos, atención, lectoescritura, discriminación...
Animádevos a xogar e a "revivir" un xogo tan tradicional.
Biquiños para todos os cativ@s! 😘😘
Bo fin de semana
#euquedonacasa