Ese tal "coronavirus" tan peligroso do que falan os maiores, impediunos seguir aprendendo cos nosos compañeiros e profes, non puidemos colgar os nosos abrigos ó entrar, nin contar as nosas aventuras na asamblea, nin tirar area en ollo alleo no areeiro. Tampouco puidemos facer festa cada vez que escoitábamos unha nova canción, nin coñecer máis de preto a ese tal "Mozart" que empezamos a investigar, tamén tivemos que deixar de carrexar pedriñas do patio, e deixamos de entrar ansiosos no comedor esperando a ver que había de postre, deixamos tamén de chamarlle "mamá" á profe, e xa non xogamos nos nosos recunchos que tanto botamos de menos.
Pero, non todo van a ser cousas malas, porque aínda que o mundo parara, nós "non paramos quiet@s", e vos ben o sabedes.
Sin compartir as experiencias cos nosos compis, seguimos crecendo e aprendendo, e sobre todo, disfrutando de tempo en familia, e que BEN o pasamos xuntos.
Somos os máis cativos do cole, pero demostramos con moita valentía, despois de estes meses de cuarentena, que temos superpoderes:
- o poder de rir sin saber porqué
- o poder de entreternos con calquer cousa
- o poder de desconectar a papá e mamá do seu traballo
- o poder de poñer nerviosos aos maiores soamente co noso silencio
- o poder de ter enerxía ilimitada (sabémolo, a veces buscades o noso botón de OFF)
- o poder de encontrar tesouros onde outros soamente ven pedras ou paus
- o poder de convertir unha caixa de cartón nun castelo
- o poder de esgotar as vosas ideas de manualidades
- o poder de gastar o voso nome
- o poder de retar á paciencia dos maiores
- o poder de ser despertadores automáticos
- o poder de querer sin límites
Por todo iso e por moito máis..., sabemos que somos especiais e queremos darvos un pouco da nosa enerxía.
Vémonos á volta coas pilas cargadas!
Un saúdo e unha aperta virtual dos máis cativ@s"
"GRAZAS por facer que o noso pequeno mundo sexa o MELLOR".